A corrente que lidera Xosé Manuel Beiras rexeita unha votación na que só participen os delegados, tal e como propón a Executiva Nacional.
Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana
Unha Asemblea Nacional na que poidan participar todos os afiliados da organización. Esta é a principal demanda do Encontro Irmandiño de cara a asemblea que se celebrará a primeiro fin de semana de outubro e na que se escollerá o candidato á Xunta. A corrente crítica rexeita a posibilidade dun evento no que só teñan dereito a voto os delegados tal e como propón a dirección.
Dende a corrente crítica liderada por Xosé Manuel Beiras subliñan que abrirán o debate no Consello Nacional que se vai celebrar o 30 de agosto. Dende o Encontro Irmandiño aseguran que é hora de “xuntar esforzos” e de demostrar que no BNG todo o mundo ten capacidade de decisión.