Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Grupo de Sistemas Intelixentes

Investigadores composteláns deseñan un "prognosticador bolseiro"

Unha aplicación informática desenvolvida en código aberto e bautizada Forecasting que fai predicións a curto prazo en Bolsa

Redacción - 13:00 14/08/2008

Trátase dun novidoso trebello no ámbito financeiro estatal, que senta as bases tecnolóxicas para o modelado de aplicacións capaces de competir con éxito neste ámbito de negocio. Forecasting organiza as informacións financeiras en tempo real dos principais xornais e analiza o contido a través de técnicas de intelixencia artificial "de filtrado semántico". O sistema é así capaz de atopar os datos máis importantes que potencialmente lle afectarían á evolución dun valor no mercado bolseiro.

Inicialmente, a ferramenta foi deseñada para conxecturar sobre a evolución da cotización de accións no Ibex35 e é aínda un prototipo. Os seus creadores agardan que sirva no futuro para a realización de prognósticos a curto prazo sobre o movemento de accións e que poida ser adaptado ao contexto internacional.

O cerebro atrás da idea é o do María Dolores Corzón Leises, estudante de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas, quen de feito realiza o seu proxecto fin de carreira baixo o título "Recuperación temática de noticias financeiras e a predición de tendencias a curto prazo en mercados de accións". O traballo foi dirixido polos investigadores Félix Díaz Hemida e Ronald Teijeira Fernández, do Grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago, onde xa se está a pór en marcha unha nova liña de investigación sobre a cuestión.


3,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: