Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este xoves n'a coruña

Revival dos 60's no pub Garufa

Los mecánicos -o novo grupo do Bonham, Fernando Esclusa e Tito Ritman, tres carismáticos herculinos- han gravar en directo o seu esperado disco debut.

Redacción - 13:45 14/08/2008

O grupo formado por José M. Martínez "Bonham" (ex Deluxe, The Majestics), Fernando Esclusa (Guru Deva) e Tito Ritman (Luis Moro & Tribeca's Band) anuncia a gravación do seu esperado álbum debut, Garufa ye-ye.

A gravación, este xoves 14 de agosto na coñecida sala de concertos da cidade vella da Coruña, o Garufa. Los mecánicos é a proxección das obsesións musicais dos tres músicos pola dourada época dos sesenta. O grupo arrexuntouse aló por 2007 para reverenciar o legado do pop-rock anglosaxón de bandas míticas como The Beatles, The Kinks ou Small Faces. No concerto que gravarán ao vivo no pub Garufa (rúa San Francisco 8), Los mecánicos han mesturar o cocktail cos benqueridos Formula V, Los Bravos, Los Salvajes, Los Brincos...

O trío ha repasar en aproximadamente unha hora e media de concerto algúns dos momentos máis incríbeis da década de ouro do pop inglés, americano, estatal e galego. Ninguén pode faltar á esperada gravación do primeiro álbum de Los mecánicos este xoves catorce, ás 23 horas no pub Garufa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: