Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sintonía de Brasil, Venezuela e Arxentina

Lula, Chávez e Fernández a prol da colaboración para o fortalecemento de América do Sur

A presidenta arxentina e o mandatario brasileiro subliñan a beizón á entrada de Venezuela no Mercado Común do Sur (Mercosur).

Redacción - 12:30 05/08/2008

"Complementámonos de xeito espectacular", afirmou o presidente venezolano, Hugo Chávez, ao finalizar a xuntanza en Bos Aires co xefe de Estado brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva, e a presidenta de Arxentina, Cristina Fernández. Segundo Chávez, os tres países están construíndo un "eixo central" en América do Sur, unha "alianza" que fortalecerá a rexión.

Trátase dunha reunión que pretendía o impulso á colaboración e o desenvolvemento do potencial agroalimentario, industrial, enerxético e financeiro dos tres países. "Temos todo para que Suramérica sexa unha potencia", indicou Chávez. No encontro subliñouse ademais a vontade de que Venezuela entre a formar parte axiña como membro pleno de Mercosur, despois do trámite que aínda deben aprobar os parlamentos brasileiro e paraguaio.

A xuntanza tamén serviu para que Brasil e Arxentina achegasen posicións despois de asumiren posicións contrarias recentemente na Organización Mundial do Comercio. Isto acontecera porque Brasil aceptara as esixencias de eliminación de mecanismos proteccionistas impulsada polos EUA e a UE, mentres que Arxentina censurou ese paso e advertiu contra a presión dos países máis ricos que, ao respecto, non se comprometeron sobre a supresión das axudas ao agro. Por outra banda, este luns en Bos Aires os dous mandatarios tamén asistiron a un encontro entre empresarios dos dous países, nun momento onde o peso do investimento brasileiro é especialmente importante en Arxentina.


Ligazóns

2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: