Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PP critica a "autoenquisa de Touriño"

"No seu partido mírano de esguello para darlle matarile", opina Varela de Feijoo

O vicesecretario xeral do PSdeG asegurou que o presidente do PPdeG manexa unha enquisa interna que indica falta de apoio no seu partido.

Redacción - 09:30 30/07/2008

"Fixo unha sondaxe dentro do seu propio partido para ver cal sería a súa situación no congreso e esta sondaxe non lle saíu clara en canto a saír investido co apoio suficiente", avaliou o vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, ao respecto do aprazamento decidido polo PPdeG do seu congreso á volta das próximas eleccións.

Varela asegura que tal enquisa "cuestiona" o liderado de Alberto Núñez Feijoo á fronte do PPdeG, e reprochoulle a este que non teña capacidade para liderar un congreso do seu partido. Segundo a interpretación do socialista, "estano mirando de esguello para ver o que pasa nas eleccións autonómicas, e a partir de aí darlle matarile".

Por outro lado, falou Varela sobre a delimitación das súas novas responsabilidades como vicesecretario xeral do PsdeG. Segundo explicou até setembro non se porá en marcha o regulamento da nova executiva. Con todo, avanzou que a súa responsabilidade "é igual que a do secretario xeral, que pasa pola coordinación de todas as áreas da executiva, dende a secretaría de organización ata a última secretaría da executiva".


O PP critica a "autoenquisa autoexculpatoria de Touriño"
"Gastar o diñeiro de tódolos galegos en autoenquisas orientadas a enxalzar a figura Touriño demostra unha vez máis, a dobre moral de Touriño que gasta os cartos en autoenquisas para o PSOE e logo fala de política de austeridade da Xunta", denunciaba este martes o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda.

Na súa opinión, o estudo sobre o clima social de Galiza, divulgado pola Xunta, debe entenderse como unha “autoenquisa autoexculpatoria” encargada por Touriño "para seguir fora da realidade e intentar convencer aos galegos de que viven no mellor dos mundos". "Encargar enquisas laudatorias encamiñadas a crear un clima de opinión favorable ao PSOE en Galiza e pagadas cos impostos de todos os galegos, nun momento no que o goberno tiña que estar preocupado en por enriba da mesa medidas ante a crise económica, non ten sentido", afirma o secretario xeral do PPdeG.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: