Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
REHABILITACIÓN

Un millón de euros para os castelos de Naraío e Santa Cruz

Acordo entre administracións para colaborar na recuperación de ambos os dous espazos.

Redacción - 09:30 23/07/2008

Son 721.140 euros, dos que a Consellaría achegará 180.276 euros, unha cuarta parte, ademais de encargarse da contratación e a dirección das obras. O resto dos fondos proceden do Ministerio de Fomento, cuxa responsábel, Magdalena Álvarez, asinou este martes con Ánxela Bugallo o acordo de colaboración. O acordo chega en virtude do cumprimento do acordo de Fomento co Ministerio de Cultura polo que o 1% dos fondos xerados pola contratación de obra pública se destinan a actuacións sobre o patrimonio histórico.

En Naraío a actuación que se vai emprender consiste na consolidación da fortaleza e na posta en marcha dos traballos de limpeza, restauración e consolidación dos muros do castelo. O castelo de Naraío, do século XII e fundado pola casa dos Andrade, está declarado Ben de Interese Cultural.

Pola súa banda, no castelo de Santa Cruz vaise realizar unha actuación que continuará cos traballos xa iniciados pola Consellaría de Cultura. As obras céntranse na estabilización da estrutura da fortaleza. A actuación servirá para solucionar problemas estruturais en parte da muralla exterior que ameazan a súa estabilidade. Tamén se realizarán obras de acondicionamento do entorno. Foi construído no século XVI polo xeneral Diego das Mariñas con carácter defensivo, e posteriormente pertenceu á familia de Emilia Pardo Bazán. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: