O triatleta ordense seguía entre os favoritos, pero había cinco anos que non chimpaba ao caixón máis alto do podio.
Iván Raña conseguiu esta fin de semana o seu cuarto triunfo nunha proba da Copa do Mundo. Foi en Kitzbühel (Austria), onde o triatleta galego amosou ser o máis forte nesta altura do ano e de entre os que estaban na proba.
O triunfo ten un valor engadido, xa que a menos dun mes para o comezo das Olimpíadas, Iván Raña confirma que está nun excelente estado de forma e reitera a súa candidatura a conseguir medalla en Beixín.