Xa está a investigar para fabricar coches que funcionen con biocombustíbeis, electricidade ou baterías de fuel.
A compañía automobilística alemá Mercedes-Benz ten previsto abandonar os vehículos propulsados por derivados do petróleo en menos de 7 anos, en 2015. Por iso está xa a investigar fontes de enerxía alternativas, como a enerxía eléctrica, a célula de combustíbel ou o biodiésel. De feito, xa se presentaron algúns modelos nas instalacións de Mercedes no Estado Español.
Segundo a información publicada por Yahoo EcoGeek, no ano 2010 podería saír á venda un primeiro vehículo que funcione con biocombustíbeis. O seguinte paso será o lanzamento dun coche eléctrico da marca Smart libre de emisións contaminantes. A empresa xa está a probar en Londres 100 deses vehículos.
Mercedes está a investir case 4 millóns de dólares no seu plan de mobilidade sustentábel, e outros 1.400 de aquí a 2014. Aínda que é posíbel fabricar vehículos que poidan usar outros combustíbeis distintos da gasolina e do gasóleo, o reto é facer coches que poidan circular sen ningún tipo de fuel de orixe fósil.