Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Das categorías júnior e sub 23

O Campionato Estatal de ciclismo en ruta pasa por Galiza

Os vindeiros 11, 11, 24, 25 e 26 de xullo as promesas da bicicleta daranse cita no noso país. Entre eles, os 13 integrantes da selección galega.

Redacción - 12:49 03/07/2008
Na presentación

Na presentación

Os Concellos de Santiago, Cerceda, Negreira, Ordes e Oroso acollerán as sete probas do Campionato Estatal de Ciclismo en Ruta das categorías elite e sub 23 que organiza a Federación Galega de Ciclismo. As probas foron presentadas esta cuarta feira en Compostela e nelas han participar 19 seleccións autonómicas (incluídas as de Ceuta e Melilla).

A folla de ruta
O Campionato comezará o 11 de xullo para a categoría sub 23 masculina, coa proba de contrarreloxo individual, en Negreira. Segundo Ezequiel Mosquera, ciclista do KGZ presente na presentación das probas, esta primeira "non é para especialistas. Os primeiros 13 quilómetros son bastante duros. Será unha crono bonita, que calquera corredor poderá disputar, e que dará un gran espectáculo de ciclismo".

A segunda proba da categoría sub 23 masculina, a de fondo en estrada, será en Compostela, o día 12. O 24 de xullo disputarase a primeira das probas da júnior masculina, en Cerceda, a contrarreloxo por equipos. O 25 será Oroso o concello que acolla a contrarreloxo individual.

As mozas da categoría júnior comezarán a rodar en Ordes, o 25 de xullo, coa contrarreloxo individual.
A proba final será o día 26 en Compostela, onde se desenvolverán as dúas últimas probas de fondo en estrada (júnior feminina e a júnior masculina).

A selección galega

O combinado irmandiño que presenta José Manuel Oliveira (seleccionador nacional) para este campionato está formada, na categoría sub 23, por: Carlos Bruquetas (do Cueva el Soplao); Manuel Pereira (Cai Zaragoza); Luís Mariño (Supermercados Froiz); Serxio Míguez e Noé Rodriguez (ambos do CC Vigués-Chint Autronic); Aser Estévez (Spol Caixanova); Adolfo Vicente e Óscar García (do Cambre Frisonoble); e Héctor Rodríguez e Xabier García (Cidade de Lugo); Pablo Torres (Caja Rural), e Mauro González e Adrián Rodríguez (Supermercados Froiz).

Na presentación do campionato, ademais de nove destes 13 corredores, estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo; o concelleiro de Deportes de Santiago e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña; o residente da Federación Española de Ciclismo, Fulgencio Sánchez; os alcaldes Juan García (Negreira), José García (Cerceda) e Manuel Regos (Ordes); o xefe de Servizo de Coordinación Deportiva da Dirección Xeral para o Deporte, Juan José Rumbao; os ciclistas profesionais de Santiago e a súa Comarca, David Blanco e Alex Marque (os dous do Palmeiras Resort portugués); o ciclista Ezequiel Mosquera (Karpin Galicia); os ex ciclistas profesionais Marcos Serrano e Xosé Luís Felpete; e os directores deportivos do KGZ, Álvaro Pino e Xesús Blanco.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: