Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CENTRO GALEGO, VENRES 4 DE XULLO

Conferencias no Camiño de Santiago, de Barcelona a Fisterra

O Centro Galego enceta a programación de xullo colaborando no proxecto "Aulas no Camiño" cunha conferencia de Xosé Leira López.

Xabier Paradelo - 23:30 02/07/2008

Aulas no Camiño. Nos ronseis da memoria é un curso-proxecto cultural e de investigación que percorrerá o Camiño de Santiago cunha especial atención aos territorios de Galeuscat (Galiza, Euskadi e Catalunya). Dirixido por Xosé Leira López, profesor de socioloxía na Universidade da Coruña, o ciclo de conferencias visitará diversas localidades alén de Barcelona: Zaragoza, Logroño, Vitoria-Gazteiz, Bilbo, O Cebreiro, Santiago de Compostela, e rematará en Fisterra a mediados de mes.

Noutras edicións do curso o percorrido tivo como punto de partida cidades europeas como Cracovia, Alemaña ou Lisboa, e mesmo cidades españolas e galegas. Os participantes no curso, que ten un carácter científico, recollen información a longo do itinerario, con visitas, actividades e conferencias nas diferentes cidades, coa intención de publicar un estudo que tente dar a coñecer a realidade de cada lugar.

Na programación do mes do Centro Galego tamén está prevista unha actuación da Compañía de teatro Andoriña da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá, que porá en escena a obra Pousadeira, de Carlo Goldoni, e outras actividades tradicionais ao redor do Día da Patria Galega.


XULLO 2008 - PROGRAMACIÓN DO CENTRO GALEGO DE BARCELONA


Venres 4, 20:00 h | Xornadas: Aulas no Camiño. Nos ronseis da memoria

Percorrido do Camiño de Santiago, dende Barcelona a Santiago de Compostela, cunha atención especial aos Países de Galeuscat, e con final en Fisterra. Celebración de conferencias en cada un dos puntos do percorrido.

Conferencias no Centro Galego de Barcelona:

Xosé Méndez López, presidente do Centro Galego de Barcelona.
"O movemento asociativo galego en Catalunya"

Xosé Leira López, profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña.
"Camiño, peregrinacións e turismo"


Domingo 13, 19:30 h
| Teatro

Compañía de teatro Andoriña da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá.
Obra “Pousadeira” de Carlo Goldoni.


Sábado 19

17:00 h | Procesión Día da Patria Galega
Saída do Centro Galego de Barcelona coa imaxe do Santiago Apóstolo en procesión ata a Catedral de Barcelona. Coa participación do Grupo de Gaitas do Centro Galego e os Llancers de la Guàrdia Urbana de Barcelona.

18:00 h | Misa solemne Día da Patria Galega
Misa solemne en honor a Santiago Apóstolo, patrón de Galicia, cantada polo coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona. Posterior aperitivo no Centro Galego de Barcelona.


Venres 25, 19:30 h | Conferencia Día da Patria Galega
Acto institucional do Día de Galicia.


Sábado 26, 19:30 h | Baile de salón con motivo do Dia de Galicia
Entrada libre.
Ao remate, cea Noite de Galicia.


Todos os actos realizaranse na Sala Ferrío


Centro Galego de Barcelona
Rambla de Caputxíns, 35


Documentos

3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: