Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A igrexa mata, apostata"

A mani-festa-acción que encheu de cores e apostasía as rúas da Coruña

Velaquí vén a crónica audiovisual do acontecido este sábado na "Queerunha", nunha das meirandes festas do orgullo LBGT celebradas en Galiza.

Redacción - 09:00 01/07/2008

A mani-festa-acción convocada por Maribolheras Precárias e uns trinta colectivos que se adheriron ao seu manifesto, percorreu este sábado, Día do Orgullo Lésbico, Gai, Bisexual e Transexual, as rúas da Coruña, baixo o lema "A igrexa mata, apostata".

A convocatoria quería contestar diversas accións desenvolvidas todo este ano pola Igrexa Católica (contra o aborto, a homosexualidade, a contracepción...) e contou con diversas accións reivindicativas dirixidas a esta institución, como a clausura simbólica, desenvolvida polo colectivo Mulheres Transgredindo, de varias igrexas da cidade.

Mais tamén houbo tempo para manifestarse contra a Europa fortaleza (a directiva de retorno de inmigrantes, aprobada a pasada semana pola Unión Europea) e contra a estatua de Millán Astray (á que se lle colocou unha bengala). Paradas tamén houbo moitas; unha delas para homenaxear as "traballadoras do sexo" que se xuntaban no extinto Papagaio, transformado agora en centro comercial. Ao terminar a manifestación, seguiu a festa, no Campo da Leña.

Velaquí as imaxes da transformación da "Queerunha", e un vídeo, feito polos activistas de GzVídeos, sobre esta xornada de festa e loita.


4,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: