Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
NO Campionato Estatal de BTT-Descenso

Medalla de ouro para Toni Ferreiro

Houbo catro para a selección galega. Ademais da de Ferreiro, están os bronces de que penduraron do seu pescozo Aguin, Vilaboa e Valbuena.

Redacción - 13:18 30/06/2008
Toni Ferreiro

Toni Ferreiro

O domingo desenvolvéronse na estación de inverno de Port Ainé os Campionatos Estatais BTT, e a selección galega fixo boas as apostas máis optimistas. De alí os galegos trouxeron catro medallas, unha de ouro e tres de bronce. A primeira fpo para o vigués Toni Ferreiro, do Grupo Riotorto, quen se proclamou Campión Estatal de Descenso na categoría Júnior, mentres que Francisco, Xisco, Vilaboa acadou o bronce na mesma proba.

Na categoría Elite o grovense Xurxo Aguin (Chapelo Racing) conseguía o bronce, e outro galego, Diego Félix Álvarez (Massi-RP3) ficaba noveno. A cuarta medalla chegou na carreira Máster-30, onde Marcos Valbuena (Val de Ulló) conseguía o bronce, e o larachés Xosé Verdía (O Con) quedaba cuarto. Tamén destacou a actuación da pontevedresa Ainoa Fontán (Moto Bike) que foi sexta na competición feminina.

As catro medallas únense á acadada o sábado polo corredor de Mos, David Rodríguez, que foi segundo na modalidade de rallye, na categoría Máster-30.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: