Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A PUBLICIDADE DEBE INNOVAR PARA SOBREVIVIR Á CRISE

Internet ameaza o futuro da publicidade tradicional

Segundo o director creativo da axencia SCPF, Toni Segarra, a publicidade vive unha "crise de modelo" provocada polos efectos de internet e as novas tecnoloxías.

Redacción - 14:34 27/06/2008
A fragmentación da audiencia, un dos problemas da publicidade

A fragmentación da audiencia, un dos problemas da publicidade

A fragmentación dos medios debido ó avance de internet fai que a publicidade tradicional se atope ante un escenario absolutamente novidoso, que está a por fin ó modelo publicitario que veu imperando nos últimos 50 anos.

Pero este cambio non ten só consecuencias negativas, posto que a obriga de adaptación ó novo mercado e o novo modelo permite inventar novas cousas e innovar no tratamento da publicidade.

No entanto, un dos maiores problemas do novo panorama, segundo Segarra, vén da man da propia industria publicitaria que premia (sobre todo a través dos festivais de publicidade) as ideas máis anecdóticas fronte ós conceptos amplios e transversais construídos coa vocación de perdurar no tempo e dar valor engadido ás marcas.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: