Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZOU ÁS DÚAS DA MADRUGADA

Non foi sen tempo: Chegou o verán!

Á 1.59, exactamente, a primavera deu paso ao estío, un solsticio que converte este sábado no día máis longo do ano

Redacción - 09:49 21/06/2008
Tags: verán

Teremos verán até o vindeiro 22 de setembro, 93 días nos que a maioría terá algún tempo de descanso, e no que se multiplicarán as festas, as viaxes á praia e as cancións do verán de A Polo Ghit.

Aínda que a festa de San Xoán (este luns 23) tradicionalmente se asocia á noite máis curta do ano, ese momento chegará esta fin de semana, mentres que o pasado sábado 14 de xuño foi o día no que o Sol saíu máis cedo, e o vindeiro 27 será o que se poña máis tarde.

Este sábado teremos ceos practicamente despexados durante toda a xornada, até a chegada de nubosidade pola noite; temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas sen cambios significativos. Mañá domingo, en cambio, haberá ceos moi anubrados pola mañá con posibilidade dalgunha chuvia moi feble e ocasional; pola tarde alternaranse nubes e claros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: