Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón

Galiza compite esta fin de semana en Marrocos

A selección galega, que debutou hai dous anos e que este ano fixo un papel impecábel na proba da Copa de Europa, en Pontevedra, corre este domingo en Larache.

Redacción - 18:33 11/06/2008
Saleta Castro (dereita) e Aida Valiño, no debut da selección galega , en Estoril

Saleta Castro (dereita) e Aida Valiño, no debut da selección galega , en Estoril

Despois da exitosa participación da selección galega na Copa de Europa de triatlón en Pontevedra, Galiza volver competir este domingo no Triatlón Internacional de Larache (Marrocos).

Co combinado galego han correr Saleta Castro, Samia Zahidi, María Martínez e Fani Domínguez representando ao equipo feminino; e Xesús Gomar, Manuel Piñeiro, Borxa Conde e Rubén Bouza no masculino.

A proba dispútase sobre distancia "sprint" (750 metros de natación, 20 quilómetros en bici e 5 de carreira a pé) e comezará ás 10:00 horas na localidade marroquí.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A selección galega que participou na proba de Pontevedra, o pasado 19 de abril / Os primeiros pola esquerda, Domínguez, Castro e Gomar. Detrás, Borxa Conde
A selección galega que participou na proba de Pontevedra, o pasado 19 de abril / Os primeiros pola esquerda, Domínguez, Castro e Gomar. Detrás, Borxa Conde
Xesús Gomar, membro da selección galega
Xesús Gomar, membro da selección galega