Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cataluña

Joan Puigcercós substitúe a Carod-Rovira na Presidencia de ERC

Nas eleccións internas deste sábado, as candidaturas críticas Esquerra Independentista e Reagrupament.cat sumaron o apoio do 36% da militancia.

Redacción - 10:45 08/06/2008
Ridao e Puigcercós

Ridao e Puigcercós

A candidatura Gent d'Esquerra gañou as eleccións primarias de ERC, organizadas este sábado. Os seus dous cabezas de lista, Joan Puigcercós e Joan Ridao serán presidente e secretario xeral do partido, respectivamente. O primeiro recibiu o apoio do 37,22% dos votantes e o segundo, o 37,52%.

As candidaturas críticas Esquerra Independentista e Reagrupament.cat sumaron o 36%, nuns comicios en que participaron 7.036 afiliados, o 70,92% dos que ten ERC. Os resultados supoñen un toque de atención á liña continuísta do partido.

O ex conselleiro Joan Carretero, de Reagrupament.cat, acadou a segunda posición cun apoio do 27,6% dos votos, seguido de Ernest Benach, co 26,68% e Jaume Renyer co 8,10%, segundo informou a portavoz do partido, Marina Llansana.

Puigcercós, substituto do até o de agora presidente de ERC, Josep-Lluís Carod-Rovira, destacou a lexitimidade do resultado pola alta participación electoral da militancia, e prometeu que "a nova etapa" estará presidida "pola humildade, a ambición nacional, e o rigor republicano".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: