O primeiro adestramento foi esta segunda feira na Malata. As racinguistas han xogar na Liga Galega.
Unha imaxe do adestramento da segunda feira
A tempada que vén vai haber novo equipo na Liga Galega Feminina, porque o Racing de Ferrol decidiu facer un seu propio, coas mozas.
O primeiro adestramento foi a pasada segunda feira, dirixido por Hugo Fernández, "con obxecto de que as mozas se coñezan entre elas e ir debullando a formación do equipo de cara á tempada 2008/2009". A vindeira quinta feira han repetir sesión na Malata.
O prazo de inscrición para facer parte do primeiro equipo feminino de fútbol 11 do Racing aínda está aberto. Até o de agora xa se apuntaron 17 mozas (nacidas no ano 1993 e anteriores) aínda que, segundo os técnicos, o bo sería xuntar unhas 22 xogadoras.