Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presos sen xuízo

A última da "loita antiterrorista" dos EUA: cárceres secretos en buques militares

Un colectivo estadounidense calcula que até 80 mil persoas puideron pasar por estes centros de detención desde 2001.

Redacción - 09:00 03/06/2008

O diario británico The Guardian revelaba esta semana a investigación da asociación Reprieve, colectivo en defensa dos dereitos humanos, segundo a cal desde 2006 producíronse ducias de detencións de sospeitosos de terrorismo en instalacións secretas, malia que o presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, anunciara daquela que lle poñía fin a esas prácticas.

Pola contra, un informe do colectivo revelaría que para este tipo de detencións á marxe da legalidade internacional, o goberno dos EUA usou buques militares funcionando ao xeito de "cárceres" no mar. Os interrogatorios prodúcense nos barcos, onde estas persoas son retidas por tempo indefinido, até que son trasladadas a centros de detención existentes en terceiros países.

Máis en The Guardian: Os EUA acusados de reter sospeitosos de terrorismo en barcos cárcere


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: