Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Paro previsto desde o día 6

Parte do sector do transporte agarda o acordo antes do comezo da folga indefinida

A última oportunidade para o acordo co goberno español antes de iren á folga será o próximo 5 de xuño.

Redacción / EP - 09:00 03/06/2008



"Ninguén quere o paro, pola importante perda de traballo e diñeiro e porque estamos nun sector de autónomos onde cando non se traballa non se cobra, pero haberá que parar", explica Arancha Sánchez, vicepresidenta da Federación Emrpesarial de Transporte de Mercadorías por Estrada, FETRAM. Sánchez pide que a Xunta dea "pasos efectivos" e acusa o executivo de que "non se sensibilizou nin escoitou os problemas" no medio dun escenario "gravísimo e sen solución inmediata" para o sector do transporte.

Estamos cansadísimos de promesas que ano tras ano se incumpren e non vale que se preocupen agora que xa case non hai solución porque o problema bótaselles encima coa folga", criticou, reprochándolle ao Goberno que "nin sequera dea os primeiros pasos para empezar a cumprir os acordos". "E tiveron tempo dabondo", insiste a voceira do sector.

Agoiro de desabastecemento
Antonio Chairos, voceiro da Plataforma para a Defensa do Transporte de Mercadorías, insistiu esta segunda feira en que a poboación faga "provisión de alimentos" antes do día 6, data para a que convocaron a todos os transportistas a nivel estatal a un paro indefinido. Recordou ademais que a folga vaise estender desde o próximo luns día 9 a outros países da Unión Europea, como Francia, Alemaña e Italia.

Entre os motivos da protesta, Chairos precisou que a orixe, hai que buscala sobre todo en que "non se aplica a lei" de ordenación do transporte, que obriga a que "os prezos cumpran sempre cos custos mínimos de explotación do vehículo, porque traballar por baixo dos custos é facer dumping". En canto ao gasoil, propuxo que se fixe un "prezo de referencia". Po outro lado, denunciou os "abusos" aos que ven sometidos os transportistas por parte das grandes áreas comerciais cando cargan e descargan, "con esperas de ata sete horas". De paso, dixo confiar en que o 100% do sector se una ao paro.

Fegatramer non se une á folga
Unha unanimidade que de momento non existe, á luz das declaracións tamén este luns do presidente da Federación Galega de Transporte de Mercancías (Fegatramer), Afonso Parga, quen aseguraba que o colectivo que dirixe "non se sumará" á folga indefinida convocada pola Federación Estatal de Asociacións de Transporte de España (Fenadismer), insistindo en que esperan lograr antes un acordo co goberno español.

En declaracións a Europa Press, o presidente desta asociación que inclúe ao 70% do sector empresarial de transporte de mercadorías por estrada e ao 100% de empresas de servizos auxiliares de transporte, apostou por "seguir negociando" en Madrid, "sobre todo, os puntos máis importantes", talles como o cobro a 30 días e a cláusula de revisión automática do prezo do gasoil.

Por outro lado, e con respecto á entrevista coa Consellaría de Política Territorial, avanzou que "esixirá" da titular de Política Territorial a aprobación da supresión céntimo sanitario, a posta en marcha do Plan de Accións Inmediatas para ou Sector do Transporte de Mercadorías (Petragal), a creación de máis áreas de descanso "e todo o que nos prometeu para este ano e que está sen publicar e sen asignación".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: