Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMA VONTADE

Enterran nunha lata de Pringles o seu deseñador

Os fillos de Fredric J. Baur cumpriron o desexo do seu pai de que parte das súas cinzas se envasasen na súa creación de máis éxito.

Redacción - 17:30 02/06/2008
Latas de Pringles

Latas de Pringles

O deseñador da lata das patacas fritidas Pringles, Fredric J. Baur, estaba tan orgulloso do seu invento que pediulle á súa familia que o enterrasen nun. E así foi. Os seus fillos cumpriron co seu desexo e enterraron parte dos seus restos nun envase e o resto nunha urna tradicional. Agora atópanse na súa tumba no cemiterio de Arlington, en Springfield (Ohio, EUA).

O doutor Baur, químico orgánico retirado e técnico en conservación de alimentos, especializouse en I+D e control de calidade para a compañía Procter & Gamble, fabricante, entre outros produtos, das patacas. Baur morreu o 4 de maio aos 89 anos.

Entre os produtos que desenvolveu para a empresa atópanse aceites de fritir e un concentrado de xeado, do que estaba orgulloso pero que nunca triunfou no mercado. Pero a lata de Pringles, patentada en 1970, foi o seu maior éxito.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: