Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta cuarta feira, en Madrid

Medallas ao mérito deportivo para Gómez Noya e Pereiro

Os dous deportistas galegos han levar medalla, o ciclista de Mos a de ouro, e o triatleta de Ferrol a de prata.

Redacción - 11:39 27/05/2008
Gómez Noya no podio en Madrid, a pasada fin de semana

Gómez Noya no podio en Madrid, a pasada fin de semana

O ciclista Óscar Pereiro, o triatleta Xabier Gómez Noya e o Presidente do Comité Olímpico Español (COE), Alexandre Blanco, van ser distinguidos con medallas da Real Orde do Mérito Deportivo esta cuarta feira. Alén dos galegos, tamén o ciclista Alberto Contador (que segue líder no Giro) e a atleta Mayte Martínez han recibir cadanseu metal.

Pereiro, gañador do Tour 2006, ha levar a medalla de ouro, xunto co presidente del COE, Alexandre Blanco, e os presidentes das federacións estatais de motociclismo e hóckey, Juan Álvarez y Martín Colomer, respectivamente. Tamén han ser galardoados con este metal, mais a título póstumo, o futbolista Antonio Puerta e o ciclista Luis Ocaña.

Gómez Noya, gañador de dez probas da Copa do Mundo de triatlón (o cuarto triatleta que ostenta esta marca en toda a historia deste deporte), ademais dos outros seis podios consecutivos que ten, vai ingresar na Real Orde do Mérito Deportivo coa categoría de medalla de prata, igual que a atleta de Valladolid, Mayte Martínez (bronce nos 800 metros nos Mundiais de Osaka 2007).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: