O convenio, asinado polo seu antecesor, Ken Livingstone, permitiu ofrecer descontos no billete de bus a 250 mil persoas con baixos ingresos.
Boris Johnson
O novo alcalde de Londres, o conservador Boris Johnson, anunciou este domingo nun comunicado que non renovará o acordo asinado polo seu antecesor, Ken Livingstone, con Venezuela en 2007.
O convenio, que finaliza o vindeiro 20 de agosto, estabelecía que o país sudamericano subministrase combustíbel a un prezo reducido para ser usado nos buses públicos da cidade, e en contrapartida estes portarían publicidade venezolana. Ademais, técnicos londinenses prestarían o seu coñecemento na xestión de lixo.
Ao redor de 250.000 persoas con baixos ingresos beneficiáronse deste convenio o ano pasado, xa que obtiñan rebaixas do 50% no prezo do billete. Todo indica que coa finalización unilateral do acordo, rematarán tamén as axudas do concello.
"Coido que moitos londinienses se sentiron incómodos con esta operación, onde un país con pobres extremos subvencionase unha das capitais financeiras do mundo", sinalou Johnson, que asegurou ademais que mantería a rebaixa no prezo do bus até a data da fin do contrato.