Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!
"Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco" Aquí a letra completa:
PONTE DO MEU LADO A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar
A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar
Refrão:
Ponte deste lado, A ponte que me leva aí Põe-te ao meu lado E fico pertinho de ti