Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
REDE.CAT, MAIO CULTURAL GALEGO

Rede.cat enche o mes de maio de cultura galega e diálogo intercultural

A organización presenta o "Maio Cultural Galego", hogano organizado co gallo do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e cunha declaración de intencións que plasma nos seus actos.

Rede.cat - 20:30 14/05/2008

Dende Rede.cat pensamos que no actual mundo globalizado as distintas sociedades deben construírse de maneira dinámica e permanente e traballar na procura de fórmulas de convivencia equitativa. Nesta procura teñen que estar implicadas, necesariamente, as institucións e organizacións políticas, sociais, culturais e relixiosas, así como todos e cada un dos individuos. Cremos, xa que logo, que só dende a perspectiva da valorización positiva da diversidade poderemos construír un tecido social organizado que garanta a igualdade de dereitos sociais e políticos para todos os grupos culturais e os cidadáns e cidadás que os integran.

A Unión Europea declarou o 2008 Ano Europeo do Diálogo Intercultural e salienta así a enorme importancia do diálogo como unha das ferramentas na solución da incomprensión entre culturas e da aceptación do principio da diversidade. Rede.cat aposta tamén polo diálogo que, a diferenza das discusións habituais, esixe unha actitude flexible pois supón querer coñecer e entender as ideas e os puntos de vista dos outros e mesmo estar dispostos a cambiar as propias conviccións. Xa que as persoas precisamos coñecer e comprender para poder aceptar, establecer diálogos entre membros de culturas diferentes convértese nunha vía extraordinaria para a elaboración dun proxecto social común comprometido co respecto á pluralidade e a igualdade.

Rede.cat manifesta o seu compromiso coa defensa da diversidade de linguas e culturas e a creación dunha nova sociedade catalá, na que os distintos grupos sociais que a conformamos, ademais de achegar as nosas peculiaridades, esteamos abertos e participemos activamente nos novos xeitos de organización que resulten da interacción e diálogo compartido.

Co Maio Cultural Galego, Rede.cat ofrécelle cada ano á sociedade catalá, na cal se inscribe, unha serie de actos que intentan reflectir pola súa pluralidade un espectro amplo da cultura galega. Con iniciativas deste tipo aspiramos a potenciar a reflexión e o debate en torno ao diálogo entre culturas, e a favorecer a emerxencia de propostas creativas interculturais.


ACTOS DO MAIO CULTURAL GALEGO DE REDE.CAT

Luns, 19 de maio 11:30 h.

Conferencia "Hai unha laura núa"
Conversas coa escritora galega Xiana Arias Rego

Edifici Històric Universitat de Barcelona, aula 103b
Gran Via de les Corts Catalanes, 585. Barcelona
Metro Universitat (L1, L2)

-----

Luns, 19 de maio 19:30 h.

"Un dia era jo un arbre i estava subjecta"
Mesa de poetas con Xiana Arias, Margarita Ballester, Itxaro Borda e Gemma Gorga

Dentro das actividades de Barcelona Poesía

Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison Sant Pere més Baix, 7è 2a. Barcelona Metro Urquinaona (L4)

-----

Martes, 20 de maio 15:30 h.

Conferencia "Entre as silvas e as ortigas: algunhas reflexións na poesía última en Galiza"
Conversas coa escritora galega Xiana Arias Rego

Facultat de Lletres. Sala de Graus
Universitat Autònoma de Barcelona. Bellaterra
Renfe, estació Cerdanyola Universitat
Ferrocarrils Generalitat, estáció Universitat Autònoma

-----

Mércores, 21 de maio 15:00 h.

Libros para o pobo. Álvarez Blázquez no panorama editorial galego dos anos 70
Conferencia ao redor do Día das Letras Galegas a cargo de Roberto López-Iglesias Samartín

Facultat de Lletres. Edifici B. Aula 113
Universitat Autònoma de Barcelona. Bellaterra
Renfe, estació Cerdanyola Universitat
Ferrocarrils Generalitat, estació Universitat Autònoma

-----

Xoves, 22 de maio 20:00 h.

As sete idades. As sete linguas
Debate poético intercultural ao redor do poemario de Eva Méndez do Roxo, As sete idades.

Galería Sargadelos Barcelona
Provença, 276 Barcelona
Metro Diagonal (L5)

-----

Venres, 23 de maio 20:00 h.

Proxecto Galauda: Diálogo Intercultural entre estudantes de Secundaria de Galiza e Catalunya

Centro Galego de Barcelona. Sala Ferrío
La Rambla, 35-37. Barcelona
Metro Liceu (L3)

-----

Sábado, 24 de maio

Diálogos do Maio Cultural Galego

19:30 h.
Galiza e Marrocos. Encontro na diferenza
Diálogo Galiza – Marrocos.
Mesa redonda con Valentin Carreras, Zoubaida El Fathi i Mohammed Chaib

Centro Galego de Barcelona. Sala Ferrío
La Rambla, 35-37. Barcelona
Metro Liceu (L3)

22:30 h.
Humor neghro. Carlos Blanco e Manecas Costa nun espectáculo de humor e música
Diálogo Galiza – Guinea Bissau

Presentado polas Garotas da Ribeira

Ateneu Popular de Nou Barrís
Portlligat, 11-15. Barcelona
Metro Trinitat Nova (L5)

-----

Martes, 27 de maio 21:30 h.

Representación de "Estrema", de Raúl Dans
Teatro. Furafollas Agrupación Teatral

Teatre Riereta
Reina Amàlia, 3. Barcelona
Metro Sant Antoni (L2)

-----

Xoves, 29 de maio 15:00 h.

Converterse en escritora. Diario dunha mutación
Conferencia a cargo de Rexina Veiga

Facultat de Lletres. Edifici B. Aula 113
Universitat Autònoma de Barcelona. Bellaterra
Renfe, estació Cerdanyola Universitat
Ferrocarrils Generalitat, estació Universitat Autònoma

-----

Venres, 30 de maio 19:30 h.

Entrega premios II Certame Literario Contos no Mediterráneo
Para estudantes de galego e portugués dos territorios de fala catalá.

Centro Galego de Barcelona. Sala Ferrío
La Rambla, 35-37. Barcelona
Metro Liceu (L3)

-----

Sábado, 31 de maio 19:30 h.

Vimbios dunha cesta de Galiza
Lectura pública de textos en galego e catalán con música e imaxes

Casal d’Associacions Juvenils de Barcelona. Sala d’Actes
Ausiàs Marc, 60. Barcelona
Metro Arc de Triomf (L1), Tetuan (L2)

-----

SUSPENDIDO

Sábado, 31 de maio 22:00 h.

Concerto do Maio Cultural Galego
Diálogo Galiza-Catalunya
O Sonoro Maxin (Fusión, Ritmos africanos, Latina)
Nour (Fusión, Rock, Dub)
Dj Tanja.

Moll de Bosch i Alsina, Passeig de Colom. Barcelona
Metro Drassanes (L3)


Documentos

Ligazóns

4,13/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: