Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CIG ENSINO

Partido de fútbol reivindicativo perante Educación

A igrexa católica, aliada coa consellería, logrou empatar o partido fronte aos historiadores e filósofos, nunha protesta lúdica contra o decreto do bacharelato.

Redacción - 19:40 14/05/2008
A 'conselleira' dálle a man ao 'clero' no acto organizado por CIG Ensino

A 'conselleira' dálle a man ao 'clero' no acto organizado por CIG Ensino

CIG Ensino concentrouse este mércores á mediodía perante a Consellaría de Educación para pedir un bacharelato laico e evitar que se supriman horas de Filosofía e Historia en beneficio da Relixión. Pero a protesta pretendeu saírse do común e acabouse convertendo nun acto lúdico: un partido de fútbol entre filósofos e historiadores, por un lado, e a igrexa católica e a conselleira de Educación pola outra.

Segundo explicou o secretario nacional, Anxo Louzao, o resultado final do encontro foi un empate por decisión do árbitro na quenda de penaltis. No acto participaron unhas 200 persoas, que pediron un bacharelato "máis compensado, laico e de calidade". A proposta de CIG Ensino é que se lle dedique unha hora máis a Filosofía e outra a Historia e que a Relixión se deixe fóra do horario lectivo obrigatorio, que é de 32 horas, "na liña doutras comunidades".

Para Louzao, Educación non se atreve a dar o paso "para evitar un conflito coa igrexa", e acusou a consellaría de facer "propostas que parecen do PP, involucionistas e reaccionarias". O responsábel de CIG Ensino considerou "inxustificábel" que se reduzan dúas materias, o que vai reducir a calidade do ensino.

Louzao fixo tamén referencia ao éxito da "convocatoria masiva" do día 29, que provocou que a consellaría se volvese atrás na súa pretensión de reducir as horas de Educación Física, pero "non deu máis sinais de vida nin de vías de diálogo en base ás nosas propostas", no referente a Filosofía e Historia. Por iso, CIG Ensino xa está a preparar unha convocatoria de aulas reivindicativas o vindeiro martes e outra concentración perante a consellaría o mércores 21, cunha entrega de sinaturas.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: