Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia a caída do sector da construción

A Xunta prevé que a crise non reducirá o fluxo de traballadores na eurorrexión

"Galiza vai continuar a precisar de man de obra portuguesa", analiza o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, en entrevista para o xornal luso Público.

Redacción - 13:15 02/05/2008

Preguntado polo impacto "social e económico" da chegada de traballadores portugueses a Galiza, o conselleiro de Traballo responde para o público que se trata dun impacto "grande", recordando que son 13.500 traballadores rexistrados na Seguridade Social, deles case dez mil no sector da construción civil. Ao respecto, e malia que cualifica de "recesión" a situación no sector, sinala que Galiza "está facendo presión sobre o goberno español para que este incremente as obras públicas" e di ter "a esperanza e a confianza" de que iso "axude a suplir o abrandamento do sector privado".

No entanto, Varela considera que as previsións de construción de vivenda social, entre outras, farán que siga sendo necesaria a man de obra portuguesa. Por outro lado, o conselleiro recoñece a necesidade dun control máis "exhaustivo" sobre a contratación e a situación dos traballadores lusos, destacando o acordo recente para a colaboración galego-portuguesa neste ámbito. Ao fío cita como fraudes máis habituais a da ausencia da propia inscrición na Seguridade Social, os abusos na xornada de traballo ou os salarios por baixo dos convenios do sector.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: