A páxina web do Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia (Octuga) reunirá todos os datos e estatísticas relacionados coa investigación universitaria de Galicia e servirá como "un escaparche virtual" da mesma
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón así o anunciou, na presentación da páxina, á que tamén asistiron o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Julio Abalde e o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido.
A páxina pretende fomentar a visibilidade social das actividades investigadoras, permitir aos responsables políticos facer un seguimento das mesmas e facilitar comparativas con outras comunidades autónomas, explicou Sánchez Piñón.
O Instituto Galego de Estatística cedeu a metodoloxía para o tratamento de datos, o que permitirá datos "rigorosos" e "fiables" nun curto prazo.
Sánchez Piñón sinalou que a páxina vai proporcionar "estudos moi completos", aos que poderá acceder calquera, xa que será libre. Asegurou que esta páxina "vaise a consolidar" e "vai servir para gañar en coñecemento e análise".
Durante a presentación, a conselleira indicou que na páxina web poderanse atopar "datos relevantes", como a cifra de gasto de I + D na universidade de Galicia, que supuxo o 0,35% do PIB na comunidade en 2006 fronte ao 0,35 estatal.
Engadiu que os investigadores universitarios galegos solicitaron máis patentes que no conxunto do Estado, e que a porcentaxe de empresas que cooperaron en innovación coas universidades tamén foi superior en Galicia, con respecto ao resto de comunidades.