Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A organización esixe coñecer os dados oficiais do acontecido co vertido de 55.000 litros de gasoil dos tanques que Adif posúe

Amigos da Terra esixe ás administracións transparencia no caso do gasoil vertido por Adif

A fuga do gasoil deuse a coñecer o luns, pero o certo é que xa o sábado os veciños de Reza alertaban da presenza dun forte cheiro a fuel na zona, póndoo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil.

Amigos da Terra - 09:52 30/04/2008

O grave do caso non é tan só que, dende que se detectou a fuga ata que se procedeu a pór remedio á situación transcorreron horas senón que, un Informe oficial do ano 2.006 recollía a contaminación do río por químicos provintes dos depósitos de Renfe.
Polo tanto, había coñecemento dunha situación de alto risco para o medio ambiente e da que os responsables fixeron caso omiso ata estes días. As incorrectas previsións de Adif e a falta dun plan de actuación ante estes casos, puidera ter agravado unha situación que podería evitarse de tomarse as medidas axeitadas de protección e seguridade.
O equipo técnico de Medio Ambiente que se desprazou ao lugar, asegura que parte da contaminación chegará ao río Miño. Outra parte, pasou pola depuradora. Pero o certo é que este tipo de manchas de aceite impiden a depuración da auga porque obstrúense os filtros.
A este accidente previsible, e non fortuíto, súmase a falta de información á cidadanía.
Neste senso, Amigos da Terra non descarta a solicitude por escrito ás autoridades competentes da información ambiental que posúan sobre este caso. Coñecer publicamente tamén, que tipo de medidas legais se van tomar en consideración contra a empresa titular do vertido, será outra acción a levar a cabo pola organización ambientalista para ofrecer dados e información á cidadanía.
Constitúe tamén unha incógnita as razóns que conlevaron a alcanzar a rede de sumidoiro polo gasoil.
A Directiva Marco da Auga, trasposta ao ordenamento xurídico español en decembro de 2.003 supuxo, a priori, un impulso moi importante da lexislación europea en materia de augas. Un dos seus principais obxectivos era alcanzar o bo estado das augas pero para elo é necesario que se tomen as medidas oportunas para evitar este tipo de accidentes dunha forma anterior a que os mesmos acontezan mediante unha planificación de efectos significativos que sobre o medio ambiente teñen certas actividades industrias, constituíndo estas un alto potencial á hora de producirse accidentes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: