Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito pola autorización de instalacións

O TC admite o recurso de Galiza contra a lei estatal do mercado eléctrico

A Xunta entende que a normativa do Estado aprópiase de competencias sobre a rede primaria e que, xa que logo, é inconstitucional.

Redacción - 11:11 26/04/2008

O Tribunal Constitucional (TC) admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade presentado pola Xunta contra a lei do Estado sobre o mercado interior da electricidade, segundo publicou este venres o Boletín Oficial do Estado (BOE).

O Goberno entende que os cambios introducidos na normativa non respectan o esquema constitucional e estatutario de distribución de competencias en materia de enerxía eléctrica ao desprazar cara ao Estado a autorización de todas as instalacións de transporte primario.

Tanto na constitución española coma no Estatuto estabelécese con carácter exclusivo o criterio de territorialidade como criterio distribuidor de competencias.

Neste senso, a principal novidade que introduce a Lei 17/2007 (modificación da 54/1997) é atribuírlle esta competencia á Administración Xeral do Estado, polo que só mantén o criterio da territorialidade para o transporte secundario e para a distribución.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: