Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
tenis

As tenistas galegas ocupan boas posicións na listaxe de mellores xogadores estatais

A pontevedresa Lourdes Domínguez é a número 4. Leticia Costas está de 22 e Patricia Vilas de 42. Os mellores na categoría masculina: Burrieza e Casal.

Redacción - 12:06 24/04/2008
A pontevedresa Lourdes Domínguez

A pontevedresa Lourdes Domínguez

As xogadoras Lourdes Domínguez (número 4), Leticia Costas (22) e Patricia Vilas (43) son as tres únicas tenistas galegas incluídas na listaxe de mellores xogadores do Estado Español.

Vilas é a única das tres que aínda reside en Galiza, xogando co CC Mercantil e Industrial de Vigo e é alumna do CGTD de Pontevedra. Domínguez (104 na listaxe de mellores xogadoras do mundo) e Costas, que comezaron ámbalas dúas no Club de Tenis de Pontevedra, residen en Barcelona.

A viguesas Paola Garrido (63) e Noemí Novo (87) e a coruñesa Raquel Barcala (98) están incluídas en Segunda A dentro, de las 100 primeiras da listaxe estatal.

Os mozos

Na listaxe dos mellores xogadores masculinos do Estado atópase o lugués Óscar Burrieza (38) e Miguel Casal (48).
Na Segunda categoría A están os coruñeses Rodrigo Figueroa (83), Jaime Vázquez Catoira (109) e Pablo Lijo Santos (145); o lugués Adrián Salgado (116); o ourensán Pablo Mosquera (125).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: