Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Patrimonio inspecciona o Pazo de Meirás

Un chanzo máis cara a "devolverlle ao pobo o que é do pobo"

O alcalde de Sada, Abel López, afirma que a mellor solución é que o pazo pase a ser patrimonio público.

Lucía Iglesias - 10:30 18/04/2008

Os técnicos de Cultura entraron este xoves no Pazo de Meirás, actualmente propiedade da familia Franco, para posteriormente elaborar un informe a través do cal determinar se se declara este patrimonio como Ben de Interese Cultural. O alcalde de Sada, Abel López, mostrouse a favor da recuperación do Pazo para sociedade xa que “a cidadanía por fin podería entrar a visitalo”.

A comisión que elaborará o informe, formada por un arqueólogo, unha arquitecta e unha historiadora da arte, entraron no pazo ás dez da mañá do xoves e permaneceron no seu interior até as dúas da tarde. Pola tarde continuaron coa recolleita de datos para a elaboración do informe. Trala inspección, a Consellaría de Cultura prevé un período non superior a 18 meses para a resolución do expediente.




5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: