Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Limpeza étnica en Iugoslavia

Tráfico de órganos humanos: Del Ponte acusa, Kosova négao

O goberno kosovar cualifica de "difamacións" as afirmacións da ex fiscal xeral da ICTY que implican a combatentes do UÇK.

Redacción - 12:05 15/04/2008
Capa do libro de Carla Del Ponte

Capa do libro de Carla Del Ponte

O goberno kosovar rexeitou as acusacións da ex fiscal xeral da Corte Penal Internacional para a antiga Iugoslavia (ICTY, nas súas siglas en inglés) Carla Del Ponte de que o desaparecido Exército de Liberación de Kosova (UÇK) permitiu o tráfico de órganos humanos de cidadáns civís serbios.

O viceprimeiro ministro cosovar, Hajrdin Kuçi, afirmou este luns que isto "son difamacións" coas que a actual embaixadora de Suíza en Arxentina intenta xustificar as acusacións sen base contra os guerrilleiros cosovares.

Nun libro recentemente publicado en italiano e titulado La caccia. Io e i criminali di guerra (A caza. Eu e mais os criminais de guerra), Del Ponte, fiscal xeral que perseguiu os crimes cometidos na antiga Iugoslavia deica 2007, responsabiliza ao UÇK de traficar con órganos de 200 a 300 prisioneiros serbios no verán de 1999.

Complicidade de Thaçi
Segundo o seu relato, estes eran transportados á localidade albanesa de Burrell, perto de Tirana, para extirparlles os órganos e vendelos no mercado internacional, coa complicidade do actual primeiro ministro de Kosova, Hashim Thaçi.

O ministro kosovar de Xustiza, Nebile Kelmendi, afirmou que estas acusacións son claras "invencións", e que se Del Ponte tivese esta información debeuna incluír no prego de cargos.

O libro, escrito en colaboración co ex corresponsal do The New York Times na zona, Chuck Sudetic, tamén levantou as protestas do goberno serbio por outras acusacións contra Belgrado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: