Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Catro puntos menos ca en 2006

Frouxa asistencia ás urnas na primeira xornada electoral en Italia

Os electores deciden se apostan pola esquerda de Veltroni ou a volta ao liderado de Berlusconi. As urnas pechan ás 15h deste luns.

Redacción - 09:00 14/04/2008

Ao peche das urnas ás 22h deste domingo, foran xa o 62,5% dos cidadáns con dereito a voto até o colexio electoral, arredor de catro puntos menos dos que o fixeran nos anteriores comicios, en 2006. Daquela a participación final chegará até un 83,5%, se ben é certo que se chegara á votación con porcentaxes menores de indecisos, segundo as sondaxes previas.

Medios internacionais fixéronse eco este domingo da escena protagonizada por algúns votantes que acudiron ao colexio electoral para destruír unha papeleta de voto diante das cámaras en protesta pola decepción coa clase política do país.

Outra das anécdotas electorais ten que ver coa prohibición de usar teléfono móbil no interior das cabinas electorais, medida estabelecida ao detectarse a existencia de votos "mercados" que os seus vendedores garantían a través de foto. Paradoxalmente, a Sandra Lonardo, muller do ministro saínte de Xustiza, protagonista clave da caída do goberno Prodi, sooulle o móbil cando ía votar, malia que despois da intervención da policía comprobouse que non tiña función fotográfica.
Pactos necesarios
Máis de 47 millóns de italianos están chamados a votar entre este domingo e o luns en máis de 61 mil colexios electorais. En xogo está quen vai ser o vindeiro presidente do país. O controvertido magnate televisivo Silvio Berlusconi enfróntase ao aspirante Walter Veltroni, que engloba o voto de centro-esquerda.

Berlusconi é o favorito nas enquisas, aínda que a súa popularidade está á baixa nos últimos meses e algúns prognostican unhas eleccións moi apretadas. O controvertido empresario, que xa cumpriu os 71 anos, agarda recadar o voto máis conservador do país. Pola súa parte, Veltroni esforzouse durante toda a campaña por manter unha imaxe moderada e evitar as continuas provocacións dun Berlusconi que tamén busca os apoios da dereita máis dura.

Sexa como for, o vencedor das eleccións precisará o apoio de pequenas formacións que serán decisivas para a gobernabilidade dun país tradicionalmente ensarillado en sucesivas crises políticas.
Poden seguir a actualidade electoral en La Reppublica, Corriere della Sera, Il Giornale e La Stampa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: