Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CON MINORÍA SIMPLE NA SEGUNDA VOTACIÓN

Zapatero, investido presidente do goberno español

O candidato socialista obtivo o apoio do seu partido, o voto en contra de PP, ERC e UPyD e a abstención dos restantes grupos, incluído o BNG.

Redacción - 13:35 11/04/2008

O socialista José Luís Rodríguez Zapatero presidirá o goberno español até 2012. Zapatero foi investido este venres en segunda volta con maioría simple (169 votos a favor, 158 en contra e 23 abstencións). Ao igual que o pasado martes, os sufraxios contra a investidura viñeron dende as bancadas do PP, ERC e UpyD. As diferentes forzas nacionalistas (entre ellas o BNG) e IU optaron pola abstencións

Consciente de que non vai ser doado xestionar unha lexislatura con maioría relativa no parlamento, Rodríguez Zapatero volveu repetir que está aberto ao diálogo. O propio voceiro dos socialistas españois, José Antonio Alonso, sinalou que o seu partido interpreta as abstencións como unha “porta aberta” para chegar a acordos puntuais con diferentes formacións ao longo da lexislatura”. Aínda así, o propio Zapatero non descartou a posibilidade de seguir traballando a prol dun pacto estábel que garanta a gobernabilidade ao longo de toda a lexisltura.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: