Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
No marco do acordo ortográfico da Lingua Portuguesa

Galiza ten voz, por vez primeira, na Assembleia da República portuguesa

Alexandre Banhos, presidente da AGAL, e Ângelo Cristóvão, presidente da Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, falaron en nome das entidades lusófonas do noso país.

Redacción - 21:00 08/04/2008

Segundo contan dende a web da Associaçom Galega da Língua (AGAL), esta segunda feira 7 de abril foi un dia histórico non só para a Galiza lusófona, senón tamén para a lingua galega, posto que na Conferencia Internacional Parlamentar sobre o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, organizada pola Comissão de Ética, Sociedade e Cultura da Assembleia da República, participaron dous galegos: Alexandre Banhos, presidente desta asociación, e Ângelo Cristóvão, presidente da Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa.

Ámbolos dous interviron na conferencia en representación das organizacións da Galiza lusófona; a mesma AGAL (Associaçom Galega da Língua); a Associação de Amizade Galiza-Portugal (AAG-P); a Associação Pró Academia Galega da Língua Portuguesa; a Associação Sócio-pedagógica Galaico-Portuguesa (ASPG-P); e o Movimento de Defesa da Língua (MDL).

A unidade do movemento reintegracionista demostrouse en Portugal
Despois de se pechar a sesión, chegou a quenda dos galegos, comezando por Banhos, quen se amosou satisfeito por poder falar na Assembleia da República portuguesa, feito que el vía como un recoñecemento oficial do carácter lusófono de Galiza. Pódese consultar enteiro o comunicado que por el foi lido, na web da AGAL en pdf.

Despois chegou a quenda de Cristóvão, quen falou da unidade demostrada polo movemento reintegracionista, creada grazas ao esforzo das entidades, que aínda han dar "novos froitos", e leu un comunicado sobre a posición das entidades reintegracionistas sobre o papel da futura Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) (Vídeo da súa intervención no YouTube).


Intervención de Alexandre Banhos

Nesta terza membros da AGAL reuníronse con representantes da CPLP (Comunidade dos Países de Língua Portuguesa) e co Presidente do Instituto Nacional da Língua Portuguesa. Tamén Ângelo Cristóvão e a Associação Pró-AGLP desenvolveron un encontro co Presidente da Academia das Letras de Lisboa.


4,41/5 (46 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: