A banda ourensá xa ten listo o seu 'Paraugas universal', do que xa se pode escoitar 'Camiños', en cuxo vídeo colabora 'o home do tempo'.
Paraugas universal foi gravado nos últimos meses de 2007 nos estudios de Casa de Tolos, en Mañufe (Gondomar), e é distribuído por Pai Música. Despois de máis de dous anos de xira ininterrumpida desde o lanzamento da súa anterior gravación, os ourensáns escolleron a produción de Segundo Grandío para darlles forma ás súas novas cancións.
No disco hai (non podía ser doutro xeito) moita festa, e moita alegría. Xa en novembro Iván Varela salientaba a alegría que lles producía gravar con bo tempo e nun entorno natural fermoso, unha alegría que se seguro se reflectiría no disco: "Está moi ben erguerse pola mañá e ver a Ría de Baiona e o bo tempo que estamos tendo en novembro. Cando gravamos en Euskadi hai dous anos era un vendaval detrás doutro, chuvia, vento...".
No disco hai cumbias, merengues e pasodobres, pero tamén ritmos novos, como funky e hiphop. E moitas outras sorpresas, comezando polo single de presentación, en cuxo vídeo colouse Santiago Pemán, cantando e bailando, e mesmo despedíndose cun boas noites, e ata mañá.