Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG SEGUE SEN DECIDIR A SÚA POSTURA

Quintana pide "compromisos con Galiza" para votar a investidura de Zapatero

O vicepresidente da Xunta reclama que se manteña o 8% de investimento e a reforma do voto emigrante.

Redacción - 13:50 06/04/2008

Nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, Anxo Quintana reiterou a disposición do BNG a apoiar a investidura de José Luís Rodríguez Zapatero se se materializan unha serie de compromisos. "Queremos que, ademais de palabras, haxa compromisos concretos", subliñou. Destacan especialmente dous: que se manteña o 8% de investimento en Galiza; e a reforma do voto emigrante. Quintana recalcou que se trata de "melloras" para a Comunidade galega e puntualizou que "non son peticións radicais".

Sobre a celebración das eleccións autonómicas, o voceiro nacional do BNG afirmou que o Bloque "pode afrontar" uns comicios "en calquera momento". Así e todo, manifestouse convencido de que as eleccións non se adiantarán á data prevista: "todos os galegos sabemos cando van ser as eleccións: xuño de 2009", dixo, unha data pola que avoga: "fai falta estabilidade para as institucións".

Tamén afirmou que non prevé realizar cambios na Xunta nas consellerías dirixidas por nacionalistas, co fin de manter a "estabilidade". "Non temos pensado ningún cambio", concluíu.

Núñez Feijoo "deu un paso moi perigoso e nocivo"
Finalmente, Quintana considerou un "erro histórico" do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dicir publicamente que "nalgún lugar" de Galicia "imponse o galego", polo que lle advertiu de que lle pasará factura". Para Quintana, Núñez Feijoo "deu un paso moi perigoso e nocivo" para Galiza.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: