Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Denuncia

Autoestradas, cobiza e caza: combinado letal para os animais

As construtoras aforran cartos evitando colocar pasos para as especies, aumentan os atropelos e o Comité de Caza autoriza batidas para "reducir danos".

Redacción - 13:50 04/04/2008
O Comité de Caza quere permitir máis batidas

O Comité de Caza quere permitir máis batidas

A asociación ecoloxista Matar por matar, Non realiza unha interesante e minuciosa análise sobre como a combinación entre a cobiza das empresas construtoras de autoestradas e a caza provoca un dobre e letal -é facilmente evitábel- dano ás especies animais máis senlleiras no noso país.

A construción de vías de alta capacidade que carecen de pasos elevados ou viadutos para permitir a mobilidade dos animais -e das persoas-, xunto co illamento poboacional das especies que leva ao seu empeoramento xenético e á súa desaparición, provoca ademais que os animais se vexan na obriga de pasar dunha beira á outra das autoestradas polo medio destas.

Evidentemente, esta situación provoca que o número de atropelos aumente. A solución ofrecida polo Comité Galego de Caza, órgano adscrito á Consellaría de Medio Ambiente, segundo o borrador aprobado o pasado 14 de marzo, é o de permitir as batidas para "reducir danos".

Batidas de lobos
Concretamente o artigo 13.1, 'Danos producidos pola caza', di: Acórdase engadir a circulación viaria nos danos que se deben de reducir. Engadir: c) Corzo (Capreolus capreolus): ganchos, monterías e esperas. Punto 3: (...) tanto do lobo coma do xabarín ou do corzo (...).

Respecto do lobo, a orde de vedas estabelece que se poderán estabelecer batidas "salvo nos meses de abril, maio e xuño, en que a especie está criando". Porén, poden ser cazados un mes ou dous despois aínda que as crías non poderían vivir por si soas se lles matan os pais.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe real, sen incluír os pasos e os viadutos / Imaxe: Matar por matar, Non (clique para ampliar)
Imaxe real, sen incluír os pasos e os viadutos / Imaxe: Matar por matar, Non (clique para ampliar)
Montaxe fotográfica, onde se pode ver o resultado de incluír pasos e viadutos / Imaxe: Matar por matar, Non (clique para ampliar)
Montaxe fotográfica, onde se pode ver o resultado de incluír pasos e viadutos / Imaxe: Matar por matar, Non (clique para ampliar)