Propón un modelo coma o do PNV e Ibarretxe, onde poida ser cabeza de lista sen ter cargo no partido.
Carod-Rovira leva 12 anos na dirección do partido
O actual presidente de ERC, Josep Lluís Carod-Rovira, anunciou nunha entrevista en Catalunya Ràdio que non se vai presentar á presidencia do partido. Este sinalou que cómpre unha renovación na dirección do partido e cederlles o lugar a outras persoas, tras doce anos á fronte do partido.
Ademais, Carod-Rovira afirmou que o seu era un xesto de "xenerosidade política" a prol "da unidade do partido", aínda que aclarou que non renunciaba a ser candidato á presidencia á Generalitat en 2010 nin a abandonar o goberno.
Neste senso, propuxo un modelo coma o do PNV e Ibarretxe, onde poida ser cabeza de lista sen ter cargo no partido. Xa que logo, non participará nas primarias de ERC do vindeiro mes de xuño, mais quere seguir mantendo o liderado electoral.
Respecto ao seu principal rival político dentro do partido, Joan Puigcercós, Carod non se quixo pronunciar sobre o que debería facer, mais apuntou que os dous levaban o mesmo tempo na dirección.