Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta semana

O goberno español suspende as comunicacións telefónicas dos presos independentistas

Os centros penitenciarios de todo o Estado recibiron unha orde do Ministerio do Interior polo que as chamadas semanais se van reducir ás dos familiares directos.

Redacción - 13:00 12/03/2008

O Organismo Antidepresivo Ceivar informou a Vieiros desta nova medida do Ministerio do Interior español, segundo a cal os centros penitenciarios de todo o Estado han de suspender parte das comunicacións telefónicas semanais dos presos políticos, reducíndoas só ás dos familiares directos (pais, nais e compañeiro ou compañeira).

Para Ceivar esta última medida, que, segundo din, só afecta aos presos políticos (aos 800 que existen no Estado, entre os que se atopan os independentistas galegos Giana Gomes Rodrigues, Sánti Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Ugio Caamanho Sam-Tisso), é unha outra "volta de porca dada polo PSOE para a incomunicación dos presos e das presas independentistas galegos".

Afondando no control penitenciario
Na súa web o colectivo conta que a noticia, cuxa existencia non foi recoñecida polo goberno español, "chegaba a todas as prisións nos últimos días".

Ceivar tamén lembra que, por regra, "a comunicación telefónica xa era moi limitada de por si -media de 5 chamadas semanais de cinco minutos-". Porén, o colectivo salienta que esta nova directriz do departamento que dirixe Pérez Rubalcaba "afonda na incomunicación co exterior que deriva da privación de liberdade, da dispersión a centos de quilómetros do país, da imposición do réxime FIES e da restrición e control penitenciario de visitas e correo".


4,6/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: