Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise no bipartito

Disolto oficialmente o goberno de Serbia: eleccións o 11 de maio

A profunda división no seo do executivo tras a independencia de Cosova provocou a convocatoria de comicios anticipados.

Redacción - 13:24 10/03/2008
O primeiro ministro, Vojislav Kostunica, do DSS

O primeiro ministro, Vojislav Kostunica, do DSS

A coalición de goberno entre DSS e DS en Serbia rachou este luns oficialmente, tal e como anunciara o sábado o primeiro ministro Vojislav Kostunica.

Xa que logo, o presidente do país, Boris Tadic, tras disolver o parlamento deberá convocar eleccións anticipadas, que terán lugar con toda probabilidade o 11 de maio coincidindo coas municipais, segundo informou a axencia estatal serbia de noticias Tanjug.

A crise de goberno agravouse debido aos desacordos sobre a política cara á Unión Europea logo da independencia unilateral de Cosova. Segundo o breve comunicado oficial, o executivo non pode levar e estabelecer a política do país dun xeito único e común.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: