Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais e cantonais en Francia

Sarkozy afronta este domingo o seu primeiro test electoral

A popularidade do presidente francés caeu 26 puntos dende maio, debido á cobertura da súa vida privada, ao aumento do custo da vida e a unha economía vacilante.

Redacción - 14:14 09/03/2008
Os franceses elixen os seus representantes municipais e cantonais

Os franceses elixen os seus representantes municipais e cantonais

O presidente francés, Nicolás Sarkozy, afronta o seu primeiro test electoral dende que o pasado mes accedese ao poder. As eleccións municipais e cantonais que teñen lugar no Estado galo dende este domingo deica ao vindeiro poderían supoñer un duro revés ao seu partido, o UMP.

As últimas enquisas reflicten que a perda de popularidade do presidente podería supoñer unha suba de votos na oposición socialista. Neste senso, os de Ségolène Royal, consideran esta unha gran oportunidade para golpear a Sarkozy tras os resultados das últimas eleccións.

O alcalde de Paris, Bertrand Delanoë, agarda manter o control da capital. Outras cidades que a esquerda aspira conservar son Lyon, Lille e Rennes, e tentará conquistar Marseille, Toulousse e Estrasburgo.

A cobertura da vida privada do presidente, o aumento do custo da vida e unha economía vacilante fixeron caer a súa popularidade. Unha enquisa realizada polo Instituto Ifop, publicada o pasado martes, amosaba que a aprobación de Sarkozy baixara ao 41% dende o 67% que tiña en maio, cando gañou as eleccións. O primeiro ministro, François Fillon, conta co 66% de aprobación.

Máis información na prensa francesa: Le Monde, Le Figaro, Le Point, Le Parisien


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: