As forzas políticas con representación nas Cortes do Estado polas catro circunscricións galegas mobilizan ás súas bases para vixiar a limpeza dos comicios.
As tres forzas políticas que contan con representación nas Cortes do Estado polas catro circunscricións galegas -PPdeG, PSdeG e BNG- mobilizan na xornada deste domingo a máis de 31.000 persoas entre apoderados e interventores para vixiar a limpeza dos comicios nas 4.091 mesas electorais instaladas no país.
O BNG conta con 8.200 persoas para controlar o desenvolvemento das votacións en Galiza; isto é, dous representantes nacionalistas por cada unha das 4.091 mesas. Na circunscrición provincial da Coruña, 3.240 axentes; en Pontevedra, 2.020; en Lugo 1.170 persoas; e en Ourense, 1.140.
O PPdeG dispón de 7.857 apoderados, aínda que fontes populares aseguraron o sábado que agardan incrementar aínda máis esa cifra. Na circunscrición provincial de Pontevedra, 2.026 axentes; na Coruña, 2.997; en Lugo 1.967 persoas; e en Ourense, 867.
O PSdeG mobilizou arredor de 7.000 interventores: 2.900 na Coruña, 2.200 en Pontevedra, 950 en Lugo e o mesmo número en Ourense.