Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INTERPRETARÁ O MUSICAL 'GALLAECIA'

A Orquestra Sinfónica de Melide, en Vigo, Coruña e Santiago

O espectáculo estreouse o pasado mes de agosto en Melide ante un auditorio de máis de 4.000 persoas e agora inicia a súa xira por tres cidades galegas.

Redacción/ EP - 09:36 06/03/2008

A Orquestra Sinfónica de Melide interpretará nos escenarios de Santiago de Compostela, de Ferrol e A Coruña, o musical Gallaecia. As actuacións terán lugar ás 20.30 horas o sábado no Auditorio de Galicia, na capital galega; o domingo no Teatro Jofre da cidade departamental e os días 15 e de marzo no Teatro Colón da cidade herculina.

Trátase dun espectáculo de máis de dúas horas de duración que reúne nun mesmo escenario a máis de cen artistas. Entre eles están a Orquestra Sinfónica de Melide -que actúa como fío condutor-, a soprano Susana de Lorenzo, o tenor Alberto Cunha; o grupo de folk Liorna, e as cantareiras e grupo de baile da Agrupación Folclórica Trompo ós Pes.Por primeira vez na historia de Galiza únense as distintas vertentes para dar formato a un musical galego que reúne todas as estéticas e estilos practicados na comunidade: a música sinfónica, a folk, a popular e a melódica, segundo afirma o responsábel da Orquestra Sinfónica de Melide.O espectáculo está dividido en catro partes. Na primeira o protagonismo corresponde á Sinfónica de Melide, que fará tamén de nexo entre o resto dos apartados. Na segunda parte, as interpretacións da sinfónica melidense uniranse aos ritmos de Liorna. A continuación será a quenda das cantareiras e do grupo Trompos ós pes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: