Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EP CON TEMAS INÉDITOS E VERSIÓNS

Homens e Samesugas, xuntos e revoltos

A orixinal iniciativa das dúas bandas do barrio compostelán do Castiñeiriño está composta de catro cancións, e publícase en vinilo.

Redacción - 12:09 04/03/2008

É coñecida a boa relación que existe entre The Homens e Samesugas. Teñen compartido local de ensaios, escenarios en moitas ocasións, e máis cousas. Agora selan esa relación cun álbum conxunto, un ep con catro cancións que se distribuirá en vinilo e que vén de publicar, como informa a revista Sono-Tone, a discográfica Crack Records, a medio camiño entre Pontevedra e Barcelona.

Son catro temas, dous por grupo, dous inéditos e dúas versións, nas que cada grupo interpreta un coñecido tema da outra banda. Comeza o disco cun novo tema de The Homens: Nada que aproveitar, e continúa coa versión que o trío de power pop fai do Sad & Lonely dos Samesugas (Alá Vai!). Pola outra cara, o grupo de rock arrinca con Let you win, para finalizar cunha poderosa reinterpretación do Desaparece (The Homens #1).

Unha boa mostra da calidade que agromou nos últimos anos da Casa Xurásica, de onde saíron as dúas bandas, e outras como Fame Neghra, Redullos ou Street Fighter.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: