Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
C.S. ROI SOGA DE LOBEIRA, EN NOIA

Mostra sobre o exilio galego en Venezuela

A exposición organizada pola Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza estará en Noia até o 1 de marzo.

Redacción - 18:18 25/02/2008

Venezuela ocupou un notábel lugar como país de acollida de exilados galegos que fuxían da represión franquista, entre eles Xosé Velo Mosquera, Manuel Otero Castelao, Xosé Sesto ou Xoán Noia. Mesmo rompeu relacións diplomáticas co goberno de Franco, recoñecendo ás autoridades da República como único goberno español lexítimo entre 1945 e 1948.

A exposición está organizada por Xurxo Martínez Crespo, coordinador da edición Venezuela de Vieiros, e consta de vinte paneis fotográficos editados por Fesga (Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza). Na presentación en Noia o autor estivo acompañado por Manuel Mera e Uxío Breogán Diéguez.

A exposición comezou o seu percorrido na Casa da Xuventude de Cangas en decembro, e poderá visitarse en Noia até o 1 de marzo. Nesa data, pecharase a mostra coa proxección dun audiovisual realizado polo Fesga e cunha cea de confraternidade no mesmo local do Centro Social Roi Soga de Lobeira de Noia (Rúa Travesa, número 3). O horario da exposición é de seis e media a oito e media da tarde, martes, xoves e sábado.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: