Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FOI PRESENTADA ESTA SEGUNDA FEIRA POR MARTA SOUTO

Xa case está na rúa a revista Deporte Galego

Faltan poucas horas, porque esta terza feira sairán os 5.000 primeiros exemplares deste magazín bimestral.

Redacción - 18:15 25/02/2008
Detalle da contracapa, coas seleccións galegas

Detalle da contracapa, coas seleccións galegas

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou esta segunda feira a revista Deporte Galego, que, segundo din dende a Dirección Xeral, "nace co obxectivo de converterse nun referente do deporte no noso país e para dar a coñecer á sociedade as iniciativas que se leven a cabo tanto dende a Dirección Xeral para o Deporte como dende a Fundación Deporte Galego".

5.000 revistas repartidas por Galiza diante
A nova revista, que estará na rúa xa esta terza feira día 26 de febreiro, ten unha tirada de 5.000 exemplares e unha periodicidade mensual. Será repartida, de balde, nas federacións deportivas, nas delegacións provinciais da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral para o Deporte e tamén noutros organismos oficiais.

Ademais, a revista poderá ser consultada a través da páxina web Deporte Galego e enviarase un correos electrónicos aos concellos galegos e asociacións deportivas co enlace á revista.

Neste primeiro número, entre outras cousas, recórdase o éxito dos encontros que disputaron as distintas seleccións nacionais e o próximo debut da selección nacional de fútbol sala; o plan estratéxico das axudas económicas para a promoción do Deporte Galego; a próxima celebración da Copa de Europa de Triatlón en Pontevedra: e a posta en marcha do novo proxecto do Karpin Galicia, así como se fai mención aos deportistas galegos máis destacados.


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: