Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

Fraga reaparece, mentres Touriño arremete contra "os do birrete"

O primeiro volveu a Vilalba para apoiar os cargos populares. Ao tempo, Touriño aseguraba que o PP está a actuar "con cabeza oca e o corazón blindado".

Redacción - 11:25 24/02/2008

Terceiro día de campaña electoral e os mitins séguense sucedendo polo país adiante.

O sábado coincidiron Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño, no tempo, mais non nos lugares. O primeiro estaba na súa vila natal, acompañando os candidatos populares pola Terra Cha nunha campaña que considerou "decisiva" porque "todo está en xogo", e animou a levar ao resto do Estado os bos resultados que sempre colleitou o seu partido na localidade na que el naceu hai 86 anos.

Canso, coma sempre, e con voz case intelixíbel, Fraga ofreceuse aos seus e anunciou que vai volver ser a estrela da campaña en Lugo o vindeiro 7 de marzo, e de novo en Vilalba, a carón de Núñez Feijóo.

"Os do birrete acaban de descubrir unha vaca"

Palabras de Touriño, que estaba de mitin no Carballiño, facendo a súa primeira referencia dende que comezou a campaña electoral ás andainas do líder dos populares galegos, Alberte Núñez Feijóo, que acababa de visitar unha explotación láctea.

Con esta frase referíase ás imaxes que apareceron en varios medios, nas de Feijóo aparecía "mirando unha vaca": "ollaba con certo desconcerto e dixo literalmente que a vaca é un animal interesante", ironizou Touriño. "A continuación, esqueceu a boa cara que tiña a vaca, que parecía unha persoa, e a continuación o de sempre: comezou a destilar a mala leite que los acompaña cando menten e cando din o que non teñen que dicir", criticou o presidente da Xunta.

Relacionadas:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: