Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

"Con só dous galegos en Madrid nin nos coñecerían", di Feijoo do Bloque

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, afirmou que o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, é "o especialista en meter medo" por se "algún conselleiro do BNG o manda ao carallo e queda sen a Xunta".

Redacción / Europa Press - 09:30 23/02/2008
Tags:

Nun mitin en Noia, Núñez Feijoo respondeulle así ao líder do PSdeG e a outros dirixentes do PSOE que aseguraran que o PP é "o partido do medo e da mentira". Fronte a iso, aludiu ao lema dos socialistas para estas xerais ('Vota con todas as túas forzas'), así como ao do BNG ('Máis forza en Madrid') para concluír que os socios do bipartito "queren tanta forza" para pelexarse entre eles.

"Pero váiselles a forza pola boca", engadiu, e contrapuxo esta actitude á dos populares que na súa opinión "están obsesionados cos problemas da xente". Por outro lado, e en referencia ao BNG, comentou que "con só dous galegos en Madrid nin nos coñecerían". Ao respecto dixo que "o PP terá sete veces máis de representación" que o Bloque nas Cortes.

O líder do PP galego criticou que "tanto socialistas como nacionalistas "insultaron o PP só 24 segundos despois do arranque de campaña", actitude que lle atribuíu "ao seu nerviosismo" e a que "teñen máis membros do Goberno que conselleiros". Referiuse ao fío á imputación de catro altos cargos da Consellería de Política Territorial na causa formulada polo PP por presunta prevaricación na adxudicación da Autovía do Barbanza e preguntouse "onde están os 30 millóns de sobrecusto". Segundo Feijoo, con ese diñeiro poderíanse financiar 150 euros para todos os pensionistas da provincia da Coruña, a variante de Noia e a recuperación da ría deste concello coruñés.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: