Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

O PSdeG abre na Coruña: Touriño pide o voto para que "Galiza comparta a renovación de España"

Advertiu o secretario xeral do PSdeG contra "o disfraz de moderación" que na súa opinión viste o PP nesta campaña electoral.

Redacción - 09:00 22/02/2008
Tags:

Prometeu o líder dos socialistas galegos que a súa formación despregará unha campaña electoral "limpa e de diálogo, de debate de ideas e de valores", ironizando ao fío que os socialistas non se centrarán "nos valores da Bolsa, que son os que lle gustan a Pizarro", en referencia ao candidato do PP a sentar no Congreso por Madrid á beira de Mariano Rajoy. Insistiu Emilio Pérez Touriño en criticar a fichaxe de Pizarro e cualificouno de "auténtica quenlla". "Dá pena pensar que ese home poida dirixir os destinos da política económica do noso país", dixo Touriño.

Por outra parte, acusou o PP de disfrazárense de "currantes, moderados e centrados" cando teñen en campaña "escondidos no cuarto escuro" aos que cualificou dos seus "frikis" citando a Aznar, Acebes e Zaplana. "O PP empeza a campaña con descarada posición de disfrace e hipocrisía, de centrados, moderados e de talante, Rajoy preséntase como líder currante co ben que o coñecemos en Galiza e sabemos que pasou por cinco ministerios sen tocalos, nin manchalos; e en Pontevedra que o que lle gustaba era a praza de touros e o casino", criticou Emilio Pérez Touriño.

Abría así a campaña oficialmente o secretario xeral do PSdeG nun acto no centro Palexco, na Coruña, onde tamén interviñeron o ministro de Cultura e cabeza de lista do PSOE pola Coruña, César Antonio Molina, e o alcalde da Coruña e candidato ao Senado, Xavier Losada. Todos eles subliñaron o chamamento á mobilización como clave cara ao 9 de marzo.

Os socialistas destacan a necesidade dunha alta participación
"Non quededes na casa", pediu Touriño na tradicional pegada de carteis que o PSdeG celebrou ante unhas 300 persoas no centro Palexco da Coruña para avalar ao cabeza de cartel por esta circunscrición, César Antonio Molina. Segundo dixo, os cidadáns de Galiza "teñen motivos para apoiar, votar e crer" no candidato socialista a repetir como presidente do goberno español porque na súa opinión "comprometeuse como ninguén na historia cos galegos".

"Votar por Galiza é votar por Zapatero", insistiu. De seguido, afirmou que esta campaña será decisiva "para que Galiza sexa unha comunidade que conte e comparta o liderado, progreso e renovación de España". Advertiu Touriño que esa renovación sería freada se a xente "queda na casa ou vota a Rajoy".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: